Quen somos

VSF Xustiza Alimentaria Global é unha asociación formada por persoas que cremos na necesidade de mudar o sistema agroalimentario actual, que oprime e expulsa ás comunidades rurais, e destrúe o medio ambiente. Este cambio pasa pola consecución dun modelo de desenvolvemento rural xusto, que dignifique a vida campesiña e garanta a estabilidade ambiental, social e cultural das comunidades e o dereito á alimentación para toda a poboación mundial. VSF ten unha experiencia de máis de 10 anos en procesos educativos.

 

Hegoa-Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional, é unha organización sen ánimo de lucro que dende a súa identidade como instituto universitario e asociación civil traballa na promoción do desenvolvemento humán.